Despedindo o primeiro trimestre

        Hoxe  no último día de clase antes do Nadal, e para despedir o trimestre, estivemos  facendo cousa diferentes..... Nas primeiras horas, despois dalgunhas "instruccións" do profe, fixemos un campionato de "Afundir a flota". Pena que non puidemos disputar a final, (botóusenos o tempo enriba); pero  pasámolo ben. 

O xogo parece moi sinxelo, pero é  necesario ter concentración e estar atentos  para detectar  onde  está a flota do contrincante.

A final disputarémola  á volta de Nadal....



 Despois do recreo, e  despois de coñecer as notas,  estivemos   explorando a realidade virtual.....

Fixemos unha práctica con aplicacións de Digicraft,  onde  tiñamos que descubrir os datos  dunha rapaza que  ía  deixando  pistas a través das redes sociais.  Puidemos comprobar, como é posible  averiguar  a identidade dunha persoa, as súas actividades, os seus hobys, os seus gustos;  simplemente  seguindo o rastro que  se vai deixando  coa participación das redes sociais. 

Esto  vennos a confirmar que  debemos ser moi cautos co que  subimos a aqueles espacios que compartimos na rede. Debemos de ser moi coidadosos con todos os nosos datos perosais. 











 Finalmete, as mellores detectives  foron Eudismar e Lea que  conseguiron  identificar todos os datos da  rapaza. 


E os  segundos  e  completar a ficha de datos foron Héctor e Paolo, que  anduveron moi rápidos e que ó primeiro fixeron de  guía para os demáis.

Parabéns a tod@s!!!! En xaneiro volveremos a experimentar  coa realidade virtual, creando un viedoxogo.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Visita á Farixa

Estamos rematando o curso......