Despedindo o primeiro trimestre
Hoxe no último día de clase antes do Nadal, e para despedir o trimestre, estivemos facendo cousa diferentes..... Nas primeiras horas, despois dalgunhas "instruccións" do profe, fixemos un campionato de "Afundir a flota". Pena que non puidemos disputar a final, (botóusenos o tempo enriba); pero pasámolo ben. O xogo parece moi sinxelo, pero é necesario ter concentración e estar atentos para detectar onde está a flota do contrincante. A final disputarémola á volta de Nadal.... Despois do recreo, e despois de coñecer as notas, estivemos explorando a realidade virtual..... Fixemos unha práctica con aplicacións de Digicraft, onde tiñamos que descubrir os datos dunha rapaza que ía deixando pistas a través das redes sociais. Puidemos comprobar, como é posible averiguar a identidade dunha persoa, as súas actividades, os seus hobys, os seus gustos; simplemente seguindo o rastro que se vai deixando coa participación das redes sociais. Esto