Xa temos o novo equipamento
Este curso temos novidades en moitos aspectos. Algunhas ben pasabamos sen elas pero non nos queda outra que aceptar o novo complemento facial. A outra novidade é que temos uns equipos informáticos á nosa disposición. Estamos moi ilusionados con este novo libro de texto. Temos á nosa disposición un ordenador portátil para traballar con el estes dous próximos cursos. Imos aprender moito.